Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 16 mayo 2022
21:13
h

Frankfurt acolle esta semana a presentación da edición en inglés da obra de Lois Pereiro 'Collected Poems'

    A LXIII edición da Feira Internacional do Libro de Frankfurt, en Alemaña, que terá lugar do 12 ao 16 de outubro, acollerá o próximo venres día 14 a presentación da edición en inglés da obra de Lois Pereiro 'Collected Poems' e da tradución de 'Xente de aquí e de acolá', de Alvaro Cunqueiro.
    Segundo explicou a Xunta, estas obras son os dous primeiros títulos publicados en 2011 da colección 'Galician Classics', promovida pola Xunta co fin de difundir en lingua inglesa as obras máis destacadas da literatura clásica galega.
    O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, dará a coñecer esta iniciativa de internacionalización das letras galegas a partir dos traballos 'Collected Poems', a recompilación en inglés da obra poética de Lois Pereiro e 'Folks from Here and There', a tradución de 'Xente de aquí e de acolá' de Alvaro Cunqueiro.
    En concreto, conforme adiantou a Administración autonómica, o expositor da Xunta contará nesta feira do libro alemá coa presenza dun total de 19 editoriais galegas, que participarán no evento ao que acudirán uns 7.500 expositores dun total de 100 países.

    09 oct 2011 / 19:44
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito