Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
EVA VALES FERNÁNDEZ, Avogada da Asociación Galega de Orquestras

“A futura Lei de Espectáculos suporá a extinción das verbenas”

A Asociación Galega de Orquestras (AGO) xurdiu como consecuencia da inquedanza de varios profesionais do sector co fin de crear un proxecto que englobe ás orquestras galegas. A avogada da asociación, Eva Vales Fernández, alerta do perigo da futura Lei de Espectáculos Públicos galega xa que, “nunha comunidade onde a verbena forma parte do patrimonio cultural, suporá a extinción das festas populares que levan celebrándose na nosa terra desde tempos inmemoriais”.

A Xunta de Galicia acaba de aprobar o anteproxecto da Lei de Espectáculos Públicos e Áreas Recreativas, en que consiste?

Trátase dunha lei que mercantiliza a cultura galega, as festas populares e romarías, e provoca a imposibilidade de levar á práctica calquera tipo de evento por asociacións sen ánimo de lucro.

Tendo en conta que tanto as verbenas como as festas populares, romarías e as celebracións tradicionais, forman parte do patrimonio cultural e histórico da nosa terra galega, a protección que se lle debe outorgar debe ser máxima, e sempre será insuficiente. Ademais, considerando o escenario en que nos atopamos na actualidade, onde o sector está en pleno proceso de regulación lexislativa, o número de actuacións diminuíu considerablemente, e os gastos para levar a cabo calquera destes eventos aumentaron enormemente, atopámonos cun grave perigo de extinción das verbenas. Todo isto deixa entrever un serio abandono por parte das administracións públicas do sector, así como unha despreocupación total e absoluta por protexelo, a pesar de que a asociación se reuníu en varias ocasións con dirixentes da Xunta para achegarlles as nosas inquedanzas.

Desde AGO entendemos que poden existir intereses privados detrás da redacción da lei, máxime cando non hai unha diferenza clara entre as actividades a realizar sen ánimo de lucro e con ánimo de lucro, ao mesmo tempo que tampouco lle outorga a importancia que merecen as verbenas, dotándoas dun capítulo específico onde se regulen todos e cada un dos requisitos que afectan as mesmas. Desde a asociación reivindicamos un tratamento diferente ao que merecen as asociacións veciñais ou de festexos, distinto o que lles outorga a lei a aqueles outros promotores que organicen eventos con ánimo de lucro, entendendo que para estes últimos deberán endurecerse as condicións.

Nunha comunidade na que as verbenas son un rito sagrado, como vai afectar esta nova medida?

Entendemos que vai a provocar unha diminución considerable do número de festas polo incremento de gastos das asociacións e comisións de festas, en tanto que se burocratiza en exceso o sistema, e fai entrever a necesidade de que para poder levar a cabo unha festa sexa preciso contratar a unha xestora que se encargue de preparar toda a documentación esixida pola lei, desanimando ás asociacións que levan anos tras anos celebrando as mesmas.

Ata que punto a lei simplifca os trámites?

Para nada axuda a axilizar os trámites. Todo o contrario, como anteriormente indicaba, supón unha ralentización dos mesmos así como unha inseguridade xurídica, entre outros aspectos, debido a modifcación que fai da Lei 8/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade de Galicia, ao permitir aos concellos solicitar calquera outra documentación que consideren oportuna, ademais da enumerada nesta lei, para outorgar licenzas para a celebración de espectáculos; polo que calquera asociación ou comisión de festas non terá claro que documentación ten que presentar para organizar un evento, xa que dependerá fnalmente de cada concello a documentación a esixir.

Estamos ante unha lei con moitas carencias e pouco clara, por exemplo, en canto aos capitais mínimos das pólizas de seguro de espectáculos públicos e actividades recreativas, entendemos que o criterio a ter en conta para fixar ditos capitais sería o da actividade a desenvolver, ao que habería que sumarlle a necesidade de aclarar quen ten que ser o titular de ditas pólizas de seguro, ou de ditas sumas se corresponden coa suma das pólizas de seguros de todos os que participan nun espectáculo.

Por outra banda, un dos aspectos de maior importancia da lei é a obriga e a insistencia de pechar espazos que por natureza son abertos, e por tanto, de capacidade indeterminada, esixindo deste xeito fixar e calcular o aforo en cada lugar de celebración do espectáculo, cos gastos que isto ocasiona ás comisións de festas. Outro aspecto relevante é que a lei non determina os criterios para fixar o aforo, polo que, desde AGO, mostramos a nosa total desconformidade coa aplicación do Código Técnico da Edifcación para determinar o mesmo.

Que propón AGO en canto aos horarios de peche das festas?

Aumentar o horario de peche das festas, facendo diferenzas entre a época estival e o inverno, a zona rural ou urbana, e entre espectáculos celebrados pola semana ou no fn de semana, establecendo como hora máxima para o peche, na zona rural e no fn de semana, ás 5.30 horas da madrugada.

07 oct 2017 / 20:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito