Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Galaxia edita as ‘Xeórxicas do pan’ de Otero Pedrayo

É unha presada de máis de dous mil versos que contribúe a resituar a figura do autor no contexto poético do século XX

    Do vasto legado de manuscritos e anotacións persoais que Otero Pedrayo legou, á súa morte, á Fundación Penzol un equipo de investigadores da Universidade de Vigo –dirixido por Manuel Forcadela e integrado por Ana Belén Crespo e Silvia Penas, que traballaron na dixitalización e transcrición de máis de 5.000 páxinas dun total de 49 axendas e cadernos– acaba de extraer o tesouro rigorosamente inédito das Xeórxicas do Pan. O libro, editado por Galaxia en colaboración coa fundación viguesa e o Consello Social da UVigo, é unha presada de máis de dous mil versos que contribúe a resituar a figura do autor no contexto poético do século XX, opacada en demasiadas ocasións polo peso e importancia da súa obra narrativa e ensaística.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    09 feb 2013 / 18:57
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito