Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Galaxia publicará a primeira tradución completa de 'Ulises' en galego

Con esta publicación se pretende achegarlles aos lectores de hoxe un texto baseado nas edicións críticas máis recentes da obra de Joyce nun galego "actual e coidado

    A editorial Galaxia anunciou hoxe que no último trimestre deste ano publicará a primeira tradución completa da obra "Ulises", de James Joyce, ao galego.

    A editorial viguesa lembra que Ramón Otero Pedrayo traduciu e publicou na Revista Nós en 1926 uns fragmentos, que foron reeditados por Galaxia hai uns anos.

    Porén a novela nunca fora traducida integramente ao galego, apunta Galaxia nun comunicado, polo que con esta publicación se pretende achegarlles aos lectores de hoxe un texto baseado nas edicións críticas máis recentes da obra de Joyce nun galego "actual e coidado, que axude a coñecer mellor un patrimonio literario que xa os membros da Xeración 'Nós' consideraron indispensable" incorporar á literatura galega.

    A editorial apunta que "Ulises" é unha das obras que inician a tradición literaria moderna e que é "fundamental" para o desenvolvemento non só da narrativa, senón da propia concepción da literatura a partir do primeiro cuarto do século XX.

    "A súa influencia nos autores posteriores é indubidable, tanto canto á transformación que supuxo con respecto á maneira de narrar, como no repertorio de formas literarias (...) sen esquecer a transformación da idea de novela, en que o Ulises marcou o paso da novela decimonónica á novela moderna", sinala a editorial Galaxia.

    09 ago 2013 / 19:08
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito