Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O galego Marcos Calveiro faise co Premio de Narrativa Breve Repsol

O galardón está dotado con 12.000 euros; impúxose ás outras 36 pezas

    Santiago. O autor galego Marcos S. Calveiro e a súa obra Fontán veñen de acadar un salientable galardón. A Consellería de Cultura, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer onte na Coruña o ditame do xurado da IX edición do coñecido Premio de Narrativa Breve Repsol, que recaeu en Calveiro.

    O secretario xeral destacou "a importancia deste premio para a ao impulso da narrativa feita en galego" "o compromiso da Fundación Repsol con Galicia e coa súa cultura e lingua propias". García Gómez tamén gabou a participación da Editorial Galaxia na edición da obra gañadora.

    Acompañaron a García Gómez o propio director da área social de Fundación Repsol, Javier Inclán, e mais a voceira do xurado, Olivia Rodríguez.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    29 sep 2015 / 22:36
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito