Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O galego é o vehículo dunha orixinal viaxe transversal pola ciencia no CEIP Cespón

Os 191 alumnos de Infantil e Primaria deste centro de Boiro levan a cabo un proxecto no que recompilan e analizan novas do eido científico// Tamén fan experimentos, murais e biografías

Os 191 alumnos e alumnas do CEIP Cespón de Boiro andan embarcados de novo nun ambicioso proxecto didáctico que ten o seu epicentro na biblioteca do centro e cuio obxectivo é afondar na importancia cotiá da ciencia. O vehículo deste proxecto é a lingua galega; a viaxe, apasionante e enriquecedora, transcurre de xeito transversal por casi todas as asignaturas.

O proxecto que se acaba de poñer en marcha este curso leva por título A ciencia na vida cotiá e vén a dar continuidade a outro executado o curso pasado, titulado Se sobre a ciencia queres aprender, á nosa biblioteca tés que vir ler. Aquel proxecto consistira na realización de traballos de grupo adicados a afondar nas vidas e nos principais logros dos científicos e científicas máis destacados da historia, achegando así a ciencia ó alumnado e proporcionándolle un xeito didáctico e divertido de comprender e estudar a través da observación e a experimentación. Tamén se pretendía promover a lectura de libros de ciencia e axudar a comprender a importancia da ciencia e dos científicos na vida cotiá, valorar os avances, ampliar o vocabulario, etc.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

06 nov 2014 / 20:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito