Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Galicia Hoxe’ aínda vive grazas o bo xornalismo

Catro artigos publicados no desaparecido xornal, premiados co Reimóndez Portela

“A calidade literaria, o uso do léxico” foron dous dos argumentos que levaron o xurado do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela a conceder este galardón a catro artigos de Juan Luis Blanco Valdés publicados no xa desaparecido diario Galicia Hoxe, que editaba o Grupo C­orreo Gallego.

Este premio, que foi fallado o pasado 29 de agosto polos membros correspondentes do xurado cualificador da XVI edición deste premio, mantén vivo o espírito periodístico do xornal, o único escrito en galego, que editó don Feliciano Barrera e dirixíu Caetano Díaz ata a súa desaparición.

O xurado, que estivo presidido por Mercedes Cuiña, valorou dos artigos gañadores “a calidade literaria, o uso do léxico e sentido do humor e igualmente por abordar temas de actualidade dende un coñecemento profundo da cultura popular” que mostrou Blanco Valdés.

O xurado cualificador, agradeceu a masiva participación e destacou a calidade temática e narrativa dos traballos presentados o concurso.

O acto de entrega do premio será o vindeiro día 16 de setembro ás 19.00 horas, no marco da XXV Feira do Moble de Galicia. O premio está dotado con 1.000 euros, talla conmemorativa e diploma acreditativo.

Unha vez teña lugar este acto, quedará aberto o prazo de recepción de novos artigos para todos os interesados en participar na vindeira edición deste premio, único en Galicia destas características que potencia e fomenta a lectura en galego.

O xurado que se reuniú na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada estuvo composto por Juan Manuel Constela, Valentín García, Enrique Otero Fernández, Juan Andrés Fernández Castro y José Manuel Bouzas Blanco, quen asemesmo exerceu de secretario en funcións.

31 ago 2011 / 00:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito