Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O gatiño nocturno. Do desamparo á esperanza

A ilustradora e escritora Sonja Danowski presenta en O gatiño nocturno (Lata de Sal, 2017) unha realidade cruenta e desalmada: os refuxios cheos de animais abandonados, aderezada con pingas de esperanza e bondade. É a historia de Toni, un neno que doa todos os seus xoguetes á tómbola solidaria que celebra o centro de acollida de animais para recadar fondos. Alí coñece a Valentín, un gato que adora a música e que deseguido pasa a ser da súa familia.

Reflíctese a necesidade de que a sociedade consumista perciba o valor dos sentimentos por riba das posesións materiais e de que valore os animais como seres vivos, non coma obxectos.

O protagonista consegue que o lector reflexione sobre a solidariedade e o altruísmo como principios básicos para a creación dun mundo mellor. Ilustración, texto e música compoñen un álbum de sensacións, delicadeza e maxia que evoca o poder do amor e da xenerosidade. pousadascr@gmail.com

11 mar 2018 / 13:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito