Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
{tribuna libre}

Grazas a Oroso

    QUERIDOS VECIÑOS e veciñas de Oroso: Catro anos despois das anteriores eleccións municipais adico un momento a facer unha reflexión, fundamentalmente de profundo agradecemento.

    En primero lugar aos que no 2007 confiáchedes na renovación que o meu presidente Alberto Núñez Feijoo propoñera para acadar un Oroso mellor. Daquela ninguén dos históricos do PP de Oroso quixo asumir o importante reto que era construir unhas bases de futuro para o noso partido. Eu, dende o meu compromiso coa terra que me veu nacer, asumín ese reto sen ter máis que ofrecer que sangue, esforzo, bagoas e suor pero con ánimo e esperanza.

    Grazas a todos os que nestes catro anos de oposición, sen apenas apoios do aparato provincial do PP, confiáchedes en min para representar a vosa voz no concello. Tratamos de facelo o mellor que soubemos, con erros e acertos, pero sempre con lealdade e vocación de servicio, esa foi a nosa política.

    Grazas tamén ao PP, o meu partido, por confiar en min dende 2007 para sacar adiante aquel partido dividido que non confiaba en si mesmo. Hoxe a situación mudou notablemente e algo teríamos que ver os que asumimos aquel reto de modernizar e reformar a proposta popular dende os postulados do presidente Feijoo.

    Grazas Alberto e Alfonso. Síntome orgullosa do voso exemplo. Sodes sen dúbida o capital máis valioso do PP de Galicia.

    Hoxe, a dirección provincial do partido pretende tratarnos como marionetas dunha obra que por lealdade a Oroso eu non estou disposta a representar. A finais de setembro fixemos a foto de familia dos candidatos do PP da provincia da Coruña. Oficialmente, mudou o guión. Dende a dirección provincial "invitóuseme" a abandonar o escenario respectuosamente, a tráves dun SMS enviado ó Concello de Oroso en primeiro lugar, e logo á propia interesada, o que onte nos valeu para Galicia, hoxe non vale para Oroso.

    O meu compromiso co PP vai máis aló da temporalidade duns cargos ou outros. É un compromiso con facer ben as cousas, empezando pola casa dun. Por desgracia os intereses da élite popular da Coruña non coinciden cos intereses dos veciños de Oroso. Comigo perderon ata as formas, chegando ata as ameazas a miña vida persoal, profesional e familiar nesta transición, cuestión esta baladí que seica entra dentro do xogo político, por riba da política somos persoas e coa vida das persoas non se xoga.

    Tratei de evitar que no PP de Oroso pasara o que pasou no PP de Arzúa. O meu compromiso con vós rematará cando os novos actores do PP orosano suban ao seu escenario movidos por fíos que non sexan os do servizo aos veciños.

    Despedirse é sempre unha tarefa complicada, pero eu fagoo co orgullo de tervos representado frente a un goberno instalado na soberbia e na prepotencia.

    Sei que non todo nos saiu o ben que queríamos, pero durante estes catro anos ninguén pode dicir que non estivemos aportando solucións e controlando en minoría a xestión no noso concello. Só lamento que nunha sociedade que avanza tecnolóxicamnete a un ritmo vertixinoso, tamén se perda ó mesmo ritmo valores coma o respeto a dignidade das personas , o dereito a igualdade, porque chamarse Mª José en vez de José María segue a ser un hándicap.

    Como veciña de sempre, agardo que a nosa causa non se malogre no medio dos homes, e estarei a vosa disposición, ao igual que estarei a disposición de todos aqueles que pensen que un Oroso mellor é posible.

    Dende o corazón, GRAZAS por estes catro anos.

    * Ex candidata do PP de Oroso

    01 mar 2011 / 01:20
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito