Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
escritor

Héctor Cajaraville: “Tachar de literatura só ao que vén escrito nun libro é limitar o concepto desta arte”

Setembro dá cada ano o pistoletazo de saída á tempada editorial que cada outono chega cargada de novidades literarias. En outubro a primeira novela do xornalista Héctor Cajaraville verá a luz da man de Xerais nas librerías galegas. De remate é o título desta obra que en xuño se alzou co premio da editorial que agora a publica. O autor agarda con ilusión e esperanza a posta de longo da súa ópera prima.

Como vive o proceso editorial da súa primeira novela?

Os tempos editoriais non son como os tempos comerciais, trátase dun proceso máis lento. Eu estou desconectado da editorial dende a entrega do premio. Pero a dinámica de traballo de Xerais é arrancar a tempada co premio do último exercicio e o verán é o momento de transición. A falta de confirmación, penso que o libro publicarase en outubro. E despois supoño que comezarei coa publicidade.

Entrevista completa en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

08 sep 2015 / 08:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito