Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Helena Villar presenta en Rianxo a súa última obra, 'Poesía mínima'

Trátase de cincuenta fotopoemas, cuxas fotos foron realizadas pola propia autora

Rianxo. A escritora Helena Villar Janeiro presentou o pasado fin de semana no Auditorio de Rianxo a su obra Poesía mínima/Minimal Poetry, incluída na colección Libros do Sarela, da editorial Alvarellos. Trátase dun poemario en forma de libro de haikus, con fotografías da súa autoría.

Na presentación participaron, ademais da autora, o coordinador da Asociación Cultural Barbantia, Pastor Rodríguez; Henrique Alvarellos, en representación da editorial Alvarellos, e a concelleira de Cultura de Rianxo, Raquel García.

Iniciouse o acto con música de vento da Escola de Música de Rianxo, con Aitana Alcalde Ares (fagot) e Félix Rodríguez (bombardino) que interpretaron pezas de Mozart. Poesía mínima é unha edición coidada, con certo luxo, en galego, castelán e inglés, de 50 fotopoemas conformados non só polos versos senón por imaxes a toda cor.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

27 may 2018 / 21:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito