Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Helena Villar, recoñecida pola AELG coa letra E de 'Escritora na súa terra'

A asociación acordou onte na súa asemblea xeral de socios renderlle unha homenaxe á colaboradora habitual deste xornal, nun acto que terá lugar en xuño no Concello de Rianxo

Helena Villar Janeiro será a próxima Escritora na súa terra coa letra E, unha homenaxe que terá lugar en xuño no Concello de Rianxo e que foi acordada onte pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) na súa asamblea xeral de socios celebrada na capital galega, e que recolle a agrupación na súa páxina web.

O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, informou onte de que este recoñecemento pola "obra de toda unha vida" consistirá na colocación dunha pedra "de unha dimensión hermosa" con un texto inscrito da premiada, que ademais recibirá unha escultura con forma de letra do artista lucense Casigueiro, tal e como informa Efe.

Helena Villar Janeiro, colaborada habitual nas páxinas de Opinión de EL CORREO GALLEGO, naceu en Becerreá no ano 1940.

Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (na Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid.

Como escritora cultivou varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. De feito, o pasado mes de

decembro foi tamén homenaxeada pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix.

O galardón da AELG, que chega a súa vixésimo segunda edición, foi recibido en anteriores edicións por escritores como Xosé Neira Vilas, Salvador García Bodaño, Marilar Aleixandre ou Xosé María Álvarez Cáccamo no último exercicio.

Por outra parte, tamén acordouse distinguir como Escritor Galego Universal 2016 a Pere Gimferrer, un premio que xa foi outorgado a Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda ou Bernardo Atxaga, entre outros.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

13 feb 2016 / 20:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito