Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Hernández confirma a mellora da estrada entre Porto do Son e Noia

As obras significan un beneficio para os case 23.000 habitantes da zona, incluíndo tanto residentes como poboación estacional

    O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo hoxe unha reunión con alcalde da vila coruñesa de Porto do Son, José Luís Oujo Pouso, na que lle confirmou que a Xunta de Galicia levará a cabo a mellora de seguridade vial da estrada AC-550, concretamente o treito que une as localidades de Noia con Porto do Son, dende o punto quilométrico 73+250 ao 98+900, é dicir, aproximadamente 25 quilómetros. Para levar a cabo esta actuación, que dará comezo no primeiro semestre do ano 2012, o departamento que dirixe Agustín Hernández aportará un orzamento de 1,5 millóns de euros

    Neste momento estase a redactar o proxecto de construción, que incluirá a reparación do firme existente, mediante fresado e reposición, así como a aplicación posterior dun aglomerado en frío. Por outra banda, levaranse a cabo outro tipo de traballos que permitirán mellorar as condicións actuais da estrada, como a reposición de marcas viais e das sinais verticais.

    Cabe sinalar, as obras desta vía, que forma parte da rede primaria básica das estradas galegas, significan un beneficio para os case 23.000 habitantes da zona, incluíndo tanto residentes como poboación estacional.

    Variante Portosín
    Por outra banda, no transcurso da reunión, o responsable de Medio Ambiento do Goberno galego aseguroulle ao edil de Porto do Son que tamén se traballa para sacar a diante a Variante de Portosín, unha infraestrutura prevista no Plan Move, cunha lonxitude de sete quilómetros, cuxo trazado se coordinará coa Variante de Noia que se está a construír. Así mesmo, estes traballos contarán coa colaboración do Concello co fin de incluír a Variante Portosín no planeamento municipal.

    O estudo informativo e impacto ambiental da Variante de Portosín será emitido de novo, posto que agora faise necesario modificar dita infraestrutura para como xa mencionamos anteriormente se acople á Variante de Noia.

    Parque empresarial
    Agustín Hernández tamén confirmou ao alcalde de Porto do Son que no novo Plan Sectorial de Áreas Empresariais que está a elaborar a Xunta de Galicia incluirase o Parque Empresarial de Porto do Son.

    15 nov 2011 / 14:16
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito