Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
melide

Homenaxe á Jesus Vidal Conde, no seu centenario

    A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez maila concelleira de Benestar Social, María Jesús López fixeron unha visita ao veciño de Melide, Jesús Vidal Conde  na celebración do seu século de vida.
    Os familiares e veciños da parroquia das Cazallas no termo municipal de Melide homenaxearon o pasado sábado 10 de novembro a D. Jesús Vidal Conde con motivo do seu 100 aniversario

    Cando unha persoa chega ao século de vida case todo vale para organizar a mellor festa posible, polo que este sábado todo estivo preparado para  homenaxear a Jesús Vidal, un melidá de familia emigrante que celebrou na compaña dos seus familiares e amigos os cen anos de vida- Para a ocasión non faltaron ao convite o seu irman de Arxentina, unha irmá relixiosa de Colombia e sobriños de Venezuela que non quixeron deixar de acompañar a Jesús nunha data tan importante.

    Aos seus cen anos, conta cunha mente totalmente lucida, moi querido e apreciado polos veciños, traballador infatigable, chega ao centenario cos recordos dunha vida chea de traballo e felicidade arroupado por toda a súa familia. 

    Os actos de celebración tiveron lugar na parroquia onde naceu fai xa un século aos cales transcurriron durante toda a xornada do sábado dando comenzo as 13.00 h cunha misa na igrexa parroquial das Cazallas e posteriormente un xantar ás 14.30 h nun restaurante dos arredores.

    A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez Mejuto acompañada da Concelleira de Igualdade e Benestar asistiron aos actos e fixeron entrega dun agasallo á Jesús Vidal polo seu cen aniversario.

    11 nov 2012 / 19:06
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito