Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Homenaxe pola xubilación de 146 traballadores do CHUS

ACTO A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza homenaxeou onte aos 146 traballadores que se xubilaron o ano pasado nalgún centro da área compostelá. Deles, 85 son persoal de enfermería (enfermeiras e auxiliares de enfermería); 23 facultativos, e os demais son profesionais non sanitarios: celadores, persoal administrativo, traballo social, pinche, mecánicos....

A homenaxe que xuntou ao persoal xubilado no 2019 con familiares, amigos e profesionais celebrouse onte na edificio Novoa Santos e estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, acompañado pola xerente do CHUS, Eloína Núñez, e polo vicereitor da Facultade de Medicina José Carreira. O doutor Couselo falou en nome dos xubilados e como invitado foi o actor Xosé A. Touriñán.

14 feb 2020 / 22:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito