Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Hoxe entregaranse os VIII premios Rosalía de Castro de literatura do centro PEN de Galicia

    Santiago. O Salón Nobre do Pazo de Fonseca, acollerá hoxe a partir das 20.00 horas o acto literario de entrega dos premios Rosalía de Castro 2010. Os escritores premiados foron Antonio Gamoneda, en lingua castelá); Lêdo Ivo literatura en lingua portuguesa; Itxaro Borda, literatura en lingua basca; e Francesc Parcesisas, literatura en lingua catalá. Actuará de mantenedor, encargado da laudatio dos galardoados, o poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello.

    Os premios, de ámbito iberoamericano, son os únicos de carácter literario que levan o nome de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal, foron instituídos polo PEN de Galicia en 1996, sendo presidente Carlos Casares, e están destinados a enaltecer, desde a literatura galega, os sistemas literarios da nosa veciñanza.

    Obtiveron estes premios, escritores como Torrente Ballester, José Saramago, Bernardo Atxaga, António Lobo Antunes, Manuel Vázquez Montalbán, Sophia de Mello, Ernesto Sabato, Nélida Piñón, Álvaro Mutis, Joan Margarit, e Mia Coutor, entre outros.

    17 sep 2010 / 02:52
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito