Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Inician unha campaña solidaria para axudar a un cativo vedrés

José Manuel ten 8 anos e sofre parálise cerebral // Reclaman colaboración para custear a operación que lle permitirá andar

"Chámome José Manuel. Nacín cunha parálise cerebral que me ata a unha cadeira de rodas. Sen embargo, existe unha operación e unha longa terapia, que me permitirá camiñar. Se te parece, podes acompañarme neste camiño que comezo; cando te deas conta estaremos camiñando da man".

Con estas verbas arranca unha nova campaña solidaria promovida dende Vedra para axudar a un cativo, veciño da parroquia de San Fins de Sales, a recobrar a súa autonomía física. Familia, amigos e veciños comezaron unha serie de accións para colaborar cos pais deste neno de oito anos que, de non someterse a esta operación, "non poderá ter calidade de vida", explica a súa nai, Dolores Castro Souto.

Enlaces relacionados:
http://todosconjm.wordpress.com/eu-son-jose-manuel/

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

17 sep 2013 / 21:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito