Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 22 septiembre 2021
10:31
h
CAMBIOS EN ELCORREOGALLEGO.ES

Inmediatez e interactuación

    Conveñamos en que os camiños informativos nos diferentes soportes son, hoxendía, unha enorme encrucillada, e que en todo o mundo hai diferentes modelos que abrazan diferentes filosofías de ofrecer a información. Ninguén sabe cal é a boa, nin sequera cal é a mellor das posibles. Deséñanse estratexias e abórdanse fórmulas que, se cadra, pasando o tempo se abandonan por demostrárense pouco apropiadas.

    No noso caso, a edición de papel de El Correo Gallego envórcase íntegra na web, co que o xornal dixital é un calco do primeiro durante boa parte do día; despois a web vaise actualizando a medida que a actualidade así o demanda. Esta é unha fórmula máis, coas súas virtudes e cos seus peros. É a que temos desde hai anos e agora, a encrucillada da que falabamos, máis presente se cabe, aconsella explorar outras maneiras.

    A Dirección do Grupo Correo Gallego cre que chegou o momento de intentar que elcorreogallego.es teña unha filosofía máis propia, cuns tempos máis afíns á información en liña. Trátase de que se centre na inmediatez e na interactuación cos lectores, iso si, co acento sempre posto na actualidade de Galicia, Santiago, Comarcas e a información deportiva máis próxima. El Correo Gallego, a edición de papel, ofrecerá, como sempre, información máis elaborada, interpretada, reflexión e análise. Os lectores que frecuenten o sitio www.elcorreogallego.es estarán ao tanto do que pasa en cada momento e, doutra parte, aqueles que acodan cada mañá a El Correo Gallego en edición papel terán o tratamento en profundidade, as claves e as explicacións diversas. Son camiños complementarios, moi próximos, pero non son o mesmo.

    Desde o pasado día 27 deixouse de envorcar o contido íntegro de El Correo Gallego na web, e o periódico dixital ofrecerá, dun xeito continuado e máis coherente, inmediatez e interactuación, espazos de información chamémola urxente, e espazos de participación.

    Non sabemos se esta é a fórmula boa, ou sequera a mellor opción. Pero sabemos que de sabios é recoñecer os erros, se estos se constatan, e rectificar se fora o caso.

     

    26 sep 2011 / 23:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito