Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Inmobilizadas en Galicia máis de 82.000 máscaras que o Goberno enviou defectuosas

O Ministerio ordenou onte a súa retirada porque non cumpren coa normativa europea

O Ministerio de Sanidade comunicou onte ás comunidade autónomas a retirada das máscaras Garry Galaxy‘’, despois de que o Ministerio de Traballo avisara de que non cumpren coa normativa europea. Esta partida de equipos de protección foi mercada a un fabricante que forma parte do listado de proveedores autorizados por China; e todos os produtos contan co “sello CE”, tal e como comunicou a carteira de Salvador Illa.

Porén, e aínda que no lote houbera unhas máscaras contidas nun envase azul que si que cumpren coa normativa europea UNE 149:2001+A1:2010, figuraba tamén unha partida contida en envases verdes, que non cumpren cos requisitos sanitarios comunitarios, e polo tanto demandouse a retirada inmediata de todas estas máscaras.
Isto foi comprobado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, que lidera a galega Yolanda Díaz, despois de que o Hospital Universitari Parc Taulí de Barcelona demandara unha análise destos equipos de protección. A embalaxe destas máscaras, segundo informou o departamento ministerial, leva marcado N95 e o código de barras 6 972306 630042. Trátase dunha máscara autofiltrante, encartada, con pinza nasal, con arnés de cabeza consistente en cintas elásticas que pasan por detrás das orellas.

As reaccións por parte de sindicatos e agrupacións de sanitarios non se fixo agardar. Neste senso se pronunciou a Central Sindial Independente de Funcionarios (CSIF) esixiu a localización e retirada urxente destas máscaras defectuosas, ademais, demandan a posta en corentena de todo o persoal que as tivera empregado. O sindicato quixo ademais criticar a “falta de previsión”, así como a “improvisación e inoperancia” do Ministerio de Sanidade. Pois, consideran que este “erro” supón un “dobre prexuízo”: “o que sufrirán de novo as arcas públicas pola compra dun material inservible e, sobre todo, o que sofren os traballadores que estiveron usando unhas máscaras que non realizaban a súa función de protección fronte ao Covid-19”.

Segundo informou o CSIF, cando menos estas máscaras repartíranse en Madrid, Cataluña, Andalucía, La Rioja o Castilla-La Mancha.

Aínda que o CSIF non nomeou a Galicia como unha das autonomías receptoras desta partida de equipos de protección, o departamento de Saúde da CIG alertou que lle constaba que estas máscaras estábanse a utilizar nos centros sanitarios do Sergas¡. Non erraba o sindicato nacionalista, xa que a úlitma hora da tarde o Sergas informaba que tiñan sido inmobilizadas en Galicia un total de 82.291 máscaras deste tipo, das que 36.883 estaban aínda pendentes de distribuír, mentres que o resto xa o estaban. Informou, así mesmo, de que realizará as probas diagnósticas necesarias para garantir a seguridade dos profesionais sanitarios do Sergas que puideran ter usado estas máscaras.

17 abr 2020 / 22:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito