Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Insta360 One R: unha cámara de acción modular

A nova Insta360 One R conta con módulos intercambiables de xeito que podemos empregala como unha cámara de acción cun sensor Leica de 1 polgada e gracación 5,3K, ou como unha cámara de 360 graos en Súper 5,7K.

Hai uns anos puidemos ver como Huawei beneficiouse enormemente da súa colaboración con Leica á hora de destacar a calidade das cámaras dos seus smartphones, e agora temos que Insta360 vai polo mesmo camiño coa presentación da Insta360 One R, unha cámara de acción adaptativa que utiliza un módulo de cámara intercambiable que combina a liberdade creativa da captura 360 coa precisión e resolución da gravación tradicional dunha lente.
A colaboración entre Leica e Insta360 tivo como froito a versión premium da Insta360 One R 1-inch Edition, que ofrece un sensor de 5,3K dunha polgadas cunha calidade e rango dinámico nunca visto nunha cámara de acción, xunto coa estabilización Insta360 FlowState. O módulo 5,3K grande angular pode intercambiarse rapidamente por un módulo de lentes 360 (opcional) para capturar en todas as dirección e conseguir un grande rango de posibilidades creativas que só poden conseguirse cun campo de visión en 360 graos.
Esta cámara pode gravar en 5,3K a 30 imaxes por segundo e en 4K a 60 imaxes por segundo, disparar fotografías de 19 Mpíxeles, a súa pantalla táctil é reversible, é resistente á auga (5 metros) e véndese a un prezo de 599,99 euros na súa edición premium (809,98 euros se engadimos o módulo de gravación en 360 graos).
Para os que queren flexibilidade está a Insta360 One R Twin Edition, que permite captura Súper 5,7K en 360 graos e tamén ten 4K grande angular, que promete un grande nivel de detalle nas gravacións en 360 graos (para o que codifica a imaxe en H.265) e ao utilizarse co seu Selfie Stick Invisible. Tamén permite a creación de gravacións que semellan realizadas por unha terceira persoa ou un dron, así como aplicar o efecto de Bullet Time 2.0 (para o que é preciso un accesorio que facilita a rotación da cámara).
O software de edición desta cámara tamén incorpora numerosas funcións baseadas en intelixencia artificial como tecnoloxía de seguimento e detección dos mellores planos, así como a aplicación de efectos de distinto tipo, para poder desatar a creatividade e realizar numerosas montaxes de vídeo impresionantes sen ter que dedicar moito tempo á edición.
A Insta360 One R Twin Edition (que inclúe o módulo 4K grande angular e o módulo de dobre lente para conseguir gravacións en 360 graos) véndese a un prezo de 509,99 euros, polo que sería unha opción máis accesible economicamente que a anterior. A versión máis económica sería a que só inclúe un sensor de vídeo 4K (ou sexa, que sería unha simple cámara de acción), que véndese a 339,99 euros.
Cómpre advertir que para que poder tirar proveito das súas posibilidades estas cámaras de Insta360 precisan de smartphones de alta gama, de xeito que os dispositivos máis básicos recomendables serían un iPhone 8, un Huawei Mate20, un Mi 8 ou un Samsung Galaxy S9/Note9.

08 ene 2020 / 08:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito