Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Instagram permite incluír 10 fotografías e vídeos nunha única publicación

A estrea de álbums en Instagram supón un importante cambio na aplicación, creándose novas oportunidades e converténdose nunha alternativa aos habituais collages fotográficos.

Nas últimas semanas Instagraminiciou as probas da publicación de álbums na súa aplicación, e finalmente esa funcionalidade é oficial, de xeito que agora está a espallarse dentro da última actualización de Instagram a posibilidade de compartir múltiples fotografías e vídeos nunha única publicación, de xeito que xa non haberá que elixir unha única instantánea para reflectir un momento, senón quepodemos seleccionar até 10 fotografías e vídeosentre os que poderemos navegar deslizando co dedo o carrusel do que forman parte.
Cando seleccionemos varias imaxes e vídeos para compartilos en grupo poderemos elixir a súa orde e aplicar filtros de xeito independente, pero terán unha única descrición e, polo momento, o seu formato terá que ser cadrado. Amais, na cuadrícula de imaxes do noso perfil figurará unha icona que destacará cando teñamos ante nós un carrusel de fotografías e vídeos, o que tamén se apreciará claramente cando vexamos unha entrada, xa que de ser un conxunto de contidos presentará baixo a imaxe uns puntos que destacarán a posición do carrusel e advirten que podemos deslizar o dedo sobre os contidos para navegar entre os mesmos.

23 feb 2017 / 03:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito