Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Intelectuais reclaman "unha alianza" de forzas para conformar "un proxecto nacional galego" nas xerais

Baixo o título 'Pola unión: Galicia existe e quere existir', os asinantes, entre os que se atopan Xabier Docampo, Suso de Toro, Xurxo Souto e Agustín Fernández Paz, aseguran que "non pode esperar máis" e reivindican unha unión "necesaria"

    Intelectuais galegos impulsaron un manifesto no que avogan por promover "a unidade social e nacional galega" de cara ás eleccións xerais a través dunha "alianza aberta e participada" pola cidadanía.

    Nun manifesto publicado nas redes sociais, baixo o título 'Pola unión: Galicia existe e quere existir', os asinantes, entre os que se atopan Xabier Docampo, Suso de Toro, Xurxo Souto e Agustín Fernández Paz, aseguran que "non pode esperar máis" e reivindican unha unión "necesaria".

    "Esta é a hora na que partidos e movementos cívicos e cidadáns deben xuntar as súas forzas nun proxecto representativo común", sinalan ante os próximos comicios estatais.

    PRESENZA NO PARLAMENTO ESPAÑOL

    Ao respecto, insisten en que este "é o único camiño" para que Galicia "teña voz". "Non pode ser que Galicia non exista no Congreso por ela mesma, cunha voz propia que exprese os intereses da nosa sociedade e represente a nosa identidade colectiva", subliñan.

    Neste sentido, remarcan que "a cidadanía que padece e condena as políticas antisociais esixe dos partidos e movementos cívicos que se xunten" para establecer "as condicións que leven á unión de todas as forzas nun proxecto nacional galego".

    Na mesma liña, o manifesto incide en que este proxecto debe ser "unha alianza aberta participada directamente participada pola cidadanía" e sostén que os indicadores sinalan "que esa unión de forzas desencadearía nunha ilusionante rexeneración cívica da sociedade".

    Por outra banda, móstranse convencidos de que, de materializarse esta proposta, "os galegos saberán recoñecer o esforzo e os sacrificios que a unión lles esixa". Finalmente, advirten de que, de non se facer, os galegos reclamarán "a responsabilidade histórica do seu desafecto á nación".

    09 jun 2015 / 20:45
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito