Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Gañadora do Premio Jules Verne 2016 de Xerais

Iria Misa: “Cando escribes para adolescentes hai que ter claro que non podes adoutrinalos”

En outubro chegará ás librarías ‘Xa non estou aquí’, a novela gañadora do premio Jules Verne de literatura xuvenil que cada ano entrega a editorial Xerais. Iria Misa (Gondomar, 1983), profesora nun centro de educación secundaria e licenciada en Filoloxía Inglesa, é a autora deste libro que conta a historia de Ánxela, unha rapaza que repite primeiro de bacharelato obrigada polos seus pais. A escritora analiza na que é a súa primeira novela as inseguridades típicas da adolescencia e a necesidade de pertencer a un grupo durante eses anos, basándose na súa experiencia como docente, que lle permitiu coñecer mellor o mundo dos adolescentes.

Que significou para vostede recibir o premio Jules Verne que entrega Xerais?
Este premio foi para min a confirmación que precisaba para poder seguir adicándome a isto, posto que aínda que xa había tempo que escribía, facíao para min, sen saber moi ben ata onde podería chegar. Polo que este premio é o comezo do camiño.

Cando comezou a escribir?
Creo que comecei no 2006, cando rematei a carreira. Pode que xa nos últimos anos como estudante comezara a facer pequenos escritos, aínda que escribo máis en serio dende hai tres ou catro anos. A verdade é que ata o de agora non tiña nada publicado, pero tamén é certo que tampouco me moverá moito.

Pero sempre soubo que quería publicar nun futuro?

Nun principio comecei escribindo para min e sen saber moi ben por onde tiña que tirar ou como o tiña que facer. Penso que a escritura é un traballo que vai collendo pulo conforme lle vas adicando máis e máis tempo. Así que cando comezas non pensas que vas publicar, ata que chega un momento no que advirtes unha evolución clara na túa escritura e comezas outra etapa.

Que guías foi atopando polo camiño?

As ferramentas veñen dadas polo propio traballo, xa que ti escribes algo, que nun primeiro momento é simplemente un borrador e cando, pasado o tempo, xa tes a intención de continuar, é cando comezas a ler outros autores, outros libros, interésanche as novelas, os relatos, e estudas o que hai polo mercado literario. Despois coñeces a xente que tamén se adica a isto, e eles son os que máis te guían no proceso de elaboración.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

04 ago 2016 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito