Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Iria Morgade: "Hai só un ano non había esta contestación ao sistema"

A escritora disecciona no libro 'Verbas no ar' o presente das revoltas sociais globalizadas

Os versos de Celso Emilio Ferreiro, os do primeiro poema do seu libro Longa Noite de Pedra, dialogan no comezo de Verbas no ar cun dos retrousos máis eternos de Bob Dylan: "for the times they are a-changin'". Os tempos están a mudaren. A pontevedresa Iria Morgade é a autora desas Verbas no ar, a novela gañadora da VII edición Premio Biblos-Pazos de Galicia que relata, precisamente, un cambio, unha mudanza global, desde unha suxestiva e efectiva estrutura fragmentaria, de voces que se axuntan e olladas que conflúen: un informático africano, unha xornalista desencantada, un home maior...

"A estrutura da novela -asegura Iria Morgade- ideeina en pouco tempo, porque a tiña moi clara desde o principio e a combinación de perspectivas, desde diferentes partes do mundo, é algo natural en min, non é intencionado senón espontáneo", di.

Más información en El Correo Gallego

10 feb 2012 / 22:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito