Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O IV Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia reúne no Porto a 37 empresas

    A Consellería de Cultura, a través da Agadic, e o Instituto do Cinema e do Audiovisual en Portugal (ICA), organizan o IV Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, que se celebrará este xoves no Porto no marco do festival Porto/Post/Doc.

    Na cidade do Douro daranse cita medio centenar de representantes das 37 empresas audiovisuais acreditadas este ano, cifra que dá conta do progresivo incremento do nivel de participación neste foro bilateral, orientado a impulsar e normalizar a colaboración entre os sectores audiovisuais galego e luso.

    Por parte de Galicia, desprazaranse 14 empresas: Agallas Films, Congo Produccións, Control Z, Ficción Produccións, Filmax, Filmika Galaica, Mondotropo, OlloVivo, Portocabo, Sete Media, Somadrome, Sun Lúa, Voz Audiovisual e Zenit TV.

    En canto á delegación portuguesa, teñen confirmada a súa asistencia 23 produtoras: Axente a Norte, Anexo 82, Animais Bando à Parte / Apneia, Cimbalino, Comunicar Atitude, Fronteira Filmes, HOP, Jumpcut, Jump Willy, Kintop, Lx Filmes, Modo Atelier, Ocidental Filmes, Pixbee, Rede Desert, SPI, Station Productions, Stopline, Take 2000, Toonelada, Ukbar Filme, West Coast Films.

    Esta cuarta edición mantén a estrutura de traballo de anos anteriores, polo que a xornada virará ao redor de reunións 'one to one' para que os responsables das produtoras entren en contacto directo con potenciais socios estratéxicos cara á posta en marcha de novos proxectos de cinema e de televisión. De feito, as compañías participantes suman 74 propostas susceptibles de ser levadas ás pantallas en réxime de coprodución internacional.

    29 nov 2018 / 08:51
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito