Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Jacobo Paz convida a unha revisión da lenda do lobishome

O escritor e guionista converte ao lector en protagonista da súa propia historia, nunha edición publicada por Bolanda

A figura do lobishome está moi implantada na cultura popular galega. Desde hai décadas vén sendo moi utilizada tanto na literatura -oral e escrita- como no audiovisual, pola gran plasticidade da historia dunha persoa que se converte en lobo por mor de determinadas circunstancias.

Vicente Risco botou man da lenda xa alá polo 1923 para escribir O lobo da xente e mesmo utilizou este tema no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega en 1929 no que falou do caso de Manuel Blanco Romasanta, o veciño de Esgos que a mediados do século XIX foi condenado á pena capital tras declararse culpable de diversos asasinatos baixo os efectos dunha maldición que, segundo el, transformábao en lobo. O caso de Romasanta ten ocupado case tantas páxinas e historias da nosa cultura como a mesma lenda do lobishome.

Se á fascinación da lenda lle engadimos a atracción que adoita ter a figura do lobo para os cativos, presente en tantos contos, o éxito parece asegurado. Mais o escritor e guionista Jacobo Paz Limia aínda quixo dar un ingrediente máis á súa última obra para captar a atención do lector: convertelo no protagonista da historia, no lobishome.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

16 jun 2016 / 23:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito