Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

José Gambino, o escultor que deixou pegada en todo Área

Nado en Rois e finado en Compostela, foi o máximo expoñente do Rococó en Galicia // Foi colaborador de Fernando de Casas Novoa na fachada do Obradoiro // O seu traballo pode verse en Teo, Vedra ou Padrón

O primeiro biógrafo de José Gambino, o ilustrado Ceán Bermúdez, nas breves notas que lle adica no seu Diccionario histórico de los másilustres profesores de las Bellas Artes en España ubica a súa formación en Portugal, aínda que non sinala nin donde nin con quen puido aprender a arte da talla. Dita información aportaríaa 84 anos máis tarde Manuel Murguía, que sitúa a José Gambino en Portugal entre os 16 e os 18 anos “traballando tal vez en Mafra” e sospeitando que foi discípulo de Almeida. Dende entón foi así como se catalogaron os comezos da súa formación, o que explica o italianismo da súa obra e a súa linguaxe rococó. E é que hai que ter en conta que este escultor foi o máximo expoñente deste movemento artístico en Galicia.

A primeira obra que consta do escultor data do ano 1745/49 e trátase de san Antonio de Padua, unha escultura que preside o retablo maior do convento franciscano de San Antonio de Herbón, en Padrón. Asimesmo, dentro desta mesma cronoloxía hai que encadrar o san Juan Bautista que preside o retablo maior da igrexa parroquial de San Juan de Roo, en Outes ou o san José do retablo coletaral da capela de san Mauro de Varouta, no concello de Ames.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

28 ene 2018 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito