Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 21 mayo 2022
02:10
h

Kiko da Silva gaña a novena edición do premio Castelao

O creador vigués logrou con ‘O inferno do debuxante’ o galardón de BD da Deputación

Kiko Da Silva, debuxante vigués ("pontevedrés de adopción", como el mesmo asegura) é o gañador da IX edición do Premio de Banda Deseñada Castelao que convoca a Deputación da Coruña.

Así o decidiu onte á mañá o xurado, reunido na sede da Deputación, e que valorou a "grandísima calidade" do total de trece orixinais presentados este ano ao certame, o que supón o récord de participación nesta convocatoria. Tomaron parte nas deliberacións Miguel Anxo Prado, Ángel de la Calle e Carlos Portela.

O autor recibirá como premio un total de 6.500 euros, así como a publicación da obra por parte da institución provincial.

A historieta gañadora desta edición do galardón resultou elixida entre os trece orixinais presentados para o concurso no que foi o ano de maior participación ata o momento.

O relato ideado por Kiko Da Silva, baixo o título de O inferno de debuxante, conta a historia de Manuel Pardo, un debuxante que nunca é quen de publicar ningunha das súas creacións porque sempre se atopa con que algunha outra persoa xa o fixera antes.

tendencias@elcorreogallego.es

30 jun 2014 / 21:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito