Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Premio Merlín

Ledicia Costas logra un novo Nacional para a LIX galega

'Escarlatina, a cociñeira defunta', o libro da escritora viguesa, ve recoñecida a súa calidade literaria e o seu humor sen prexuízos

Conseguiu o favor das lectoras e lectores galegos máis novos -en só un ano vendeu 8.500 exemplares e camiña cara á súa quinta edición-, levou o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, o Premio Fervenzas Literarias, o Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores e foi incluído na lista de honra do IBBY. A ese ronsel de recoñecementos sumouse onte o xurado do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, dotado con 20.000 euros e que outorga anualmente o Ministerio de Cultura, e que distinguiu a calidade literaria e o singular fenómeno editorial que representa Escarlatina, a cociñeira defunta, da escritora Ledicia Costas (Vigo, 1979).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

05 oct 2015 / 21:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito