Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Lejos de La Habana’: onde Cuba se encontra con Galicia

Un filme de Maikel G. Ortiz, rodado en Santiago, procura financiamento para concluírse

É, como di o seu director Maikel G. Ortiz, "unha historia coral, de soedades". Pero Lejos de La Habana é tamén un proxecto no que se cifra, con claridade, a obrigada mudanza á que a crise conduciu os modos de produción audiviovisual. Dous anos leva xa o equipo deste filme galego-cubano, rodado en Santiago de Compostela no seu 90%, para botar adiante unha historia que ten moito de persoal. "Moitas das cousas que están nesta película, que fala sobre a emigración e o desexo de volver, tamén nos aconteceron a nós". Cando di nós refírese Maikel G. Ortiz –guionista e director da película– aos seus compañeiros de licenciatura en Artes Escénicas na universidade cubana, Ricardo Becerra e Yansamill Núñez, actores principais e copartícipes desta longametraxe-aventura que agora procura financiamento para concluír o seu proceso de posprodución de son e de cor.

Dous anos levan xa Ortiz e os seus compañeiros teimando en impulsar un relato no que "todos os que colaboraron fixérono de maneira gratuíta" e que sae integramente dos seus petos, sen axudas institucionais, viaxes á Habana incluídas, onde se rodaron exteriores e onde contaron coa participación especial dun referente da escena artística da illa, o veterano actor Raúl Pomares. Intérpretes cubanos, arxentinos, angolanos e galegos para debuxaren ese mosaico realista, de vidas que se cruzan ao abeiro da pedra de Santiago e dos clubes de música, o histórico Dado-Dadá entre eles.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

10 jun 2013 / 19:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito