Lembran a Walt Whitman cunha mostra bibliográfica
Este ano conmemórase o bicentenario do nacemento do poeta Walt Whitman, renovador formal da lírica coñecido como o pai do verso libre, e tamén voceiro literario do novo EEUU xurdido tras a Guerra de Secesión (1861-1865), no que a mentalidade liberal-industrial dominou o sentido socio-económico aristocratizante que aínda imperaba no Sur escravista. Con tal motivo, a biblioteca municipal de Ribeira acolle unha exposición bibliográfica na que se amosa unha escolma das obras dos creadores máis salientables da literatura norteamericana do século XIX: o propio Whitman, Jack London, Edgar Allan Poe, Harriet Beecher-Stowe, Herman Melville, Nathaniel Hawthorne, Washington Irving, James Fenimore Cooper e Mark Twain.
05 jun 2019 / 21:23
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito