Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 20 septiembre 2021
02:00
h
{periodismo de autor}

Lendas urbanas, inquinas e tibieza

Por Caetano Díaz

Un nacionalismo que lle nega a Filgueira Valverde os méritos para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas, é un nacionalismo enfermo. A envelenada controversia que alimentan a Mesa pola Normalización Lingüística e outros sectores explica por que a oferta nacionalista non consegue dar o salto nas urnas, por que se autocondena a ficar minoritaria. O único consolo é que, fronte a Galicia excluínte e revanchista que reivindica Marcos Maceira –o novo presidente da Mesa busca un lugar ao sol e parece que lle serve calquera cadáver–, vostede, don Xosé Fernando, e don Valentín, o neto de Alexandre Bóveda, dan a cara, sen trampa, polo país de concordia que merecemos ser, e pola verdade histórica.

Malia que entendo perfectamente as penurias de calquera galeguista para sobrevivir na longa noite de pedra do franquismo, sempre pensei que Filgueira Valverde se equivocou de medio a medio ao aceptar cargos políticos na ditadura; pero de aí a chamalo traidor, media un abismo; e discutirlle a súa talla intelectual, o seu compromiso coa cultura galega, é un puro disparate. Deberían reflexionar a Mesa e o nacionalismo sobre o que vostede e don Valentín acaban de dicir, alto, claro e sen odio, a propósito da suposta traizón do seu pai ao protomártir do Partido Galeguista: "É unha lenda urbana". Punto e final.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

12 jul 2014 / 18:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito