Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil

O libro ‘Choven palabras no futuro’ conmemora os 25 anos de Gálix

O volume presentárono as autoras e autores nun acto na Cidade da Cultura//Entregáronse os premios do concurso ‘Convida a Hans Christian Andersen’

O libro Choven palabras no futuro conmemora o 25 aniversario de la Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), que situou a Galicia como un “referente” na literatura infantil e xuvenil na escena internacional. É o que sinalou onte o secretario xeral de Cultura Anxo Lorenzo, quen destacou nunha conferencia de prensa que este logro é posíbel grazas “á calidade e á profesionalidade” dos autores, ilustradores, editores e promotores do libro galego para os lectores máis novos. Neste sentido, Lorenzo apuntou que os galegos creceron durante estes últimos 25 anos entre libros dunha “extraordinaria calidade” e cunha edición moi coidada, avalada sempre por Gálix.

Na creación de Choven palabras no futuro participaron 25 autores relevantes na literatura xuvenil e infantil, como María Solar, Marilar Aleixandre, Xosé A. Perozo, Fina Casalderrey e Paula Carballeira.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

23 dic 2014 / 21:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito