Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 16 julio 2020
02:00
h

Literatura galega, a inspiración para aprender español

'Geografías Literarias, itinerario (inter)cultural por Galicia', título da nova publicación da USC

A literatura galega como inspiración para aprender español. Con textos de Rosalía de Castro, Manuel Rivas, Suso de Toro, Yolanda Castaño ou Álvaro Cunqueiro, a colección Cuadernos de Español como Lengua Extranjera presenta un quinto volume que reúne pezas de autores e autoras galegos que axudarán a consolidar as competencias necesarias para dominar a lingua castelá.

A publicación, que leva por título Geografías Literarias. Un itinerario (inter)cultural por Galicia, presentouse este xoves na Facultade de Filoloxía nun acto no que participaron o seu autor, Xaquín Núñez Sabarís; o vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, Víctor Arce; a vicerreitora de Organización Académica, Celia Besteiro, e o director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, Juan L. Blanco Valdés.

Neste caderno, como explicou o autor, a competencia cultural constrúese a partir de textos literarios que responden a un criterio xeográfico, que inclúe a noción espacial dos estilos literarios contemporáneos. Á vez, "incorpora unha innovadora metodoloxía na ensinanza da literatura que ten en conta a dimensión comunicativa, cultural e intermedial do texto literario". Geografías literarias ofrece, pois, un material inédito e orixinal neste ámbito educativo que pasa por ampliar a diversidade xeográfica e cultural dos referentes literarios hispanos.

O volume estrutúrase en catro unidades didácticas, A primeira toma como referencia as poetisas galegas Rosalía de Castro, María Lado ou Yolanda Castaño, e o segunda, sobre o teatro e Compostela. Vigo é a protagonista da terceira unidade e os contos son o eixe da cuarta e última parte.

18 ene 2019 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito