Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Lobos sucios’, de Simón Casal, estréase este venres

    Ourense. O director galego Simón Casal presentou onte a película Lobos sucios, na que conta a Segunda Guerra Mundial dende os ollos dos mineiros de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, onde o exército nazi explotaba unha mina de wolframio, un mineral imprescindible para as súas fábricas de armamento. O filme, que está protagonizado polas actrices Marián Álvarez e Manuela Vellés, chega aos cines este venres, 8 de abril.
    Simón Casal afirmou que a película, inspirada en feitos reais, ten unha mensaxe principal: “o sacrificio polo ben común”, xa que “todos os personaxes, nalgún momento ou outro, se sacrifican por unha realidade ou un problema que vai máis alá que a súa propia vida”.
    “Interésame o proceso de como cada personaxe chega a ese sacrificio” sinalou Simón Casal, que puxo en marcha esta longametraxe a partir dun documental de Felipe Rodríguez no que atopou uns personaxes que lles fascinaron.
    Marián Álvarez asegurou que o que máis lle interesaba do proxecto foi que contase “unha historia da II Guerra Mundial a través dos ollos dunhas analfabetas que se converten en heroínas”, e subliñou a necesidade de “reivindicar a figura da muller que nunha posguerra saca adiante á súa familia, que as hai a patadas porque moitas quedaban viúvas na guerra, pero que non están recoñecidas”. “Gústame que se conte unha historia bélica a través dos ollos de mulleres”, declarou.

    04 abr 2016 / 20:58
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito