Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Loito en Arzúa polo pasamento do escritor Miguel Suárez Abel

Veciños e representantes da cultura e a política galega deron o seu último adeus ó escritor

O psicólogo e escritor Miguel Suárez Abel, finado o pasado martes vítima dun cancro, foi enterrado onte en Arzúa, a súa vila natal. Centos de persoas deron onte o último adios ó intelectual, que durante tres lustros colaborou asiduamente nas páxinas de EL CORREO.
A familia recibiu durante toda a xornada as condolencias dos veciños e amigos do finado que se achegaron ó tanatorio dende diversos puntos de Galicia. Asistiron numerosos persoeiros do mundo da cultura, da educación e da política galega tamén se achegaron á vila á que Abel estaba moi vencellado e que reflectía con frecuencia na súa obra literaria.
Pola mañá, Radio Arzúa, emisora coa que Suárez Abel mantiña unha estreita relación de colaboración, emitiu un programa especial que recolleu as testemuñas do presidente da RAG, Víctor Freixanes; o director de El Progreso, Lois Caeiro; o escritor, Alfonso Blanco Torrado, e representantes da política local.
Suárez Abel, que tiña 64 anos de idade, estaba casado con Dolores Garrido e deixa dous fillos, Pablo e David.

19 abr 2017 / 20:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito