Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lorenzo Miguéns e Lorenzo Baleirón, premio Xerais 2012

Filla e pai obtiveron onte o galardón literario coa obra 'Tonas de laranxa' // O Merlín de Literatura Infantil foi para Calveiro

María Lorenzo Miguéns (1986) e Manuel Lorenzo Baleirón (1957), filla e pai naturais de Dodro, recibiron onte o Xerais de Novela 2012 pola súa obra Tonas de laranxa, presentada baixo o lema de Pouso da Arcai, e da que o xurado salientou que "quedamos engaiolados polo sensitivo perfume a laranxa desta obra na que o lírico, o onírico e o simbólico se conxugan de xeito maxistral para dar lugar a unha novela fermosa".

Unha novela na que, en palabras do xurado formado por Xaime da Pena Ceide, Ernesto Sánchez Pombo, María Xosé Porteiro, Begoña Rodríguez Outeiro, Xoán Cruz e Fran Alonso, "a partir da recreación dun espazo imaxinario, marabilloso, que rende homenaxe á narrativa de Álvaro Cunqueiro, no lugar de Moreira, que é onde se desenvolve esta historia, vanse tecendo as vidad, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables".

Neste sentido, María Lorenzo recoñeceu que a intención do seu pai e dela "foi botar da man de Cunqueiro estas tonas de laranxas ao mar, xa que non se vive sen soños".

E Manuel Lorenzo destacou que "para ir tecendo estas historias de ensoños, reloxos e laranxas fomos collendo palabras de aquí e de acolá, xuncas das Brañas de Laíño. Nunha lingua antiga. Irrenunciable".

Más información en su edición de Orbyt de El Correo Gallego

09 jun 2012 / 21:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito