Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lores gobernará en coalición co PSdeG na cidade do Lérez

Nacionalistas e socialistas acadaron un acordo prográmatico máis rápido do esperado

Miguel Anxo Fernández Lores, como estaba previsto tras os resultados acadados o 26M, renovará a alcaldía da cidade do Lérez por sexta lexislatura consecutiva, mais neste caso non o fará en solitario cun goberno en minoría como o fixo ao longo dos pasados catro anos.

O resultado saínte das urnas foi moi positivo para o rexidor, continuando a ser a primeira forza e perdendo unicamente un edil no consistorio da rúa Michelena. O edil perdido polos frentistas foi recalar ás filas do PSdeG, e o devandito trasvase outorgou unha correlación de forzas que como a rumoroloxía viña apuntando favorecía a conformación dun goberno de coalición, como finalmente rematou acontecendo.

O líder nacionalista escenificará o seu acordo co PSdeG hoxe ás 13:00h na sala de prensa do Concello, onde estará acompañado de Agustín Fernández González, cabeza de lista socialista. No acto, ambos asinarán o acordo programático que senta as bases do goberno de coalición que sosterá o báculo de mando na cidade ata 2023.

A devandito acordo chegouse con maior brevidade do esperado, xa que dende as filas socialistas pensaban que as conversacións alongaríanse incluso até despois da propia investidura que terá lugar o sábado. Mais o bó feeling para cos frentistas, acompañada da pérdida dun edil por parte do BNG en favor do PSdeG, facilitou sensiblemente o bó rumbo das negociacións, para que "Pontevedra, siga cara adiante!" como reza a nota de prensa coa que o BNG informou do acordo.

Reeditarase deste xeito un pacto cos socialistas no que Lores xa se apoiou ao longo de dúas lexislaturas entre 2007 e 2015 e que agora, tras catro anos en solitario, retoma para unha maior estabilidade.

12 jun 2019 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito