Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame deu comezo a Festa do Galego cunha xuntanza de música

    Máis de 250 persoas encheron o campo da festa de San Roquiño (Tállara) o domingo para asistiren á xuntanza de música tradicional galega, unha actuación programada dentro da XVII Festa do Galego do Concello de Lousame.

    As actividades continúan este venres coa presentación do libro Roteiros literarios: coñecendo a Antonio Fraguas, da man da coordinadora da publicación, Charo Baleirón; a editora, Laura Rodríguez; e unha das autoras, Belén Rodríguez. Será ás 20.00 horas na casa da cultura lousimiá. No mesmo lugar, pero un día despois, o sábado día 11, a pintora Marisa Redondo presentará unha exposición ás 12.00 horas.

    Xa o 17 de maio, ás 12.00 horas, terá lugar a tradicional homenaxe a Zernadas de Castro no atrio da Igrexa de Fruíme. Un acto que este ano contará coa presentación da obra O ilustrado cura de Fruíme, de Carlos García. A festa pecharase cunha actuación de Fantoches Baj, o día 18.

    07 may 2019 / 20:40
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito