Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame recibe as obras de mellora na estrada de acceso á aldea de Servia

Na actuación foron investidos máis de 96.000 euros // Mellorouse a capa de rodaxe desta estrada, de 2.300 metros de lonxitude e 6 metros de ancho, con cinco centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma

O Concello de Lousame vén de recibir as obras de mellora do camiño entre o complexo medioambiental de tratamento de residuos ata a aldea de Servia, na parroquia de Vilacoba. Uns traballos executados pola empresa Nemesio Ordóñez e nas que se investiron 96.010,69 euros do POS+2017.

As obras consistiron na mellora da capa de rodaxe desta estrada, de 2.300 metros de lonxitude e 6 metros de ancho, con cinco centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Así mesmo, executouse un sobreancho de 1.500 m2 ao longo do viario.

Finalmente, limpáronse as gabias e salvagabias para garantir unha correcta drenaxe lonxitudinal e transversal; e colocouse sinalización horizontal, incluído o pintado de liñas nos bordes.

01 abr 2019 / 11:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito