Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
LOUSAME

Magosto deseucaliptizador en Froxán o próximo día 19

    A asociación Verdegaia, impulsora das brigadas deseucaliptizadoras, vén de convocar para o día 19 de outubro unha roga e magosto na área conservada pola comunidade local de Froxán, en Lousame, recoñecida como ICCA (Indigenous and Community Conserved Areas) polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente. Alí, medio cento de voluntarios plantarán máis dun milleiro de árbores autóctonas nunha zona de dos hectáreas na que se eliminaron anteriormente eucaliptos. Realizarase ademais unha intervención demostrativa sobre unha masa de acacia negra para ilustrar as dificultades de eliminación desta especie e que servirá de obradoiro de capacitación para os asistentes. Finalmente, celebrarán a xornada de traballo cun magosto e xantar.

    14 oct 2019 / 21:03
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito