Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 15 abril 2021
02:11
h

Máis de 1.300 nenos aprenden valores co programa do Voluntariado Miúdo

    Máis de 1320 alumnos de 12 colexios galegos puxeron en marcha iniciativas este curso no marco do programa Voluntariado Miúdo. Entre elas, destacan algunhas como un proxecto de patios inclusivos, que busca eliminar as dificultades que se poidan encontrar as nenas e nenos con discapacidade; un obradoiro para aprender a técnica da reanimación cardiopulmonar na aula e actividades que fomentan os xogos tradicionais e defenden o coidado e respecto polos animais.

    A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse onte na Cidade da Cultura con 200 destes nenos, destacando que esta iniciativa incide na educación en valores dos pequenos e pretende promover os valores da cultura solidaria e a adquisición de diversas competencias fundamentais, a través da acción voluntaria cun impacto directo no seu entorno. Posto en marcha no 2015, ao abeiro do Plan Proxecta, o Voluntariado Miúdo tocou temas como a protección ambiental e animal, a igualdade e a coeducación, a diversidade, a recuperación de xogos tradicionais, entre outros.

    10 jun 2019 / 21:57
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito