Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis de 30 expositores na XVI Exposición da Camelia Sasanqua e outras no Concello de Boiro

O Concello de Boiro acolle esta fin de semana a XVI edición da Exposición da Camelia Sasanqua e outras. A mostra estará os días 14 e 15 de decembro no Local Multiusos do Mercado Municipal. Á presentación asistiron o teniente de alcalde de Boiro, José Luis Ruiz, unha das promotoras desta exposición, Ana Calo, e a creadora da “Camelia Boiro”, Begoña Franco.

A mostra deste ano, que abre o ciclo de mostras da tempada 2020 que se celebran por toda Galicia ata finais do mes de abril, trae a Boiro a 32 expositores da nosa zona, das Rías Baixas e do norte de Portugal. En total van ser uns 68 metros de expositores de flor onde se van poder ver unha gran cantidade de camelias sasanquas ao natural. A mostra vai contar tamén cuns lenzos de Rosa Crespo que adornarán a sala durante a fin de semana e que despois se expoñerán na Casa da Cultura de Boiro ata o 17 de xaneiro.

O programa de actividades desta edición comeza o sábado 14 de xaneiro, a partir das 17.00 horas co acto inaugural da exposición, no que vai participar a Escola de Música de Boiro. Ás 17.30 horas vaise facer o plantado simbólico da camelia, que este ano se lle vai dedicar a Javier Cortés, concelleiro de cultura do 2003 e un dos impulsores desta mostra da Camelia en Boiro, un acto no que vai participar a súa viúva e os seus fillos.

A mostra poderá verse no Local Multiusos do Mercado Municipal de Boiro o sábado ata as 20.30 horas e o domingo en horario de mañá desde as 11.00 ata as 14.00 horas e pola tarde desde as 17.00 ás 20.30 horas. Ademais durante esta fin de semana vai poder degustarse en Boiro o ‘menú camelia’. Presentando os tikets de entrada á exposición en algúns dos locais hostaleiros do municipio terán un 10% de desconto nos menús.

11 dic 2019 / 00:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito