Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mamen Quintas: “É unha serie na que todo está pensado para que a xente veña a Santiago”

Xerente de Ficción Producciones, sobre la grabación de ‘3Caminos’, promoción del Xacobeo // “Tanto eu como o director,Norberto López, o xefe de fotografía e os guionistas, fxemos o Camiño” // “Para Amazon España, ‘3Caminos’ é un dos seus proxectos máisimportantes do ano” // “Empezamos a gravar en xaneiro, para acabar en maio, e poder estrear a serie en decembro”

Mamen Quintas é a xerente de Ficción Producciones, a empresa compostelán que levará a cabo, xunto a Amazon España, a serie 3Caminos, unha produción que conta cunha subvención de 1,5 millóns de euros como parte do programa de fomento do Xacobeo 21 da Xunta, e que chegará, grazas a esta importante plataforma, a xente de todo o mundo. Trátase dunha historia que inclúe a cinco protagonistas de diferentes nacionalidades, e que conta a historia das súas tres aventuras no Camiño: a primeira como rapaces, a segunda como adultos, e a derradeira como persoas máis maduras, xa no ano 2021. Mamen Quintas conta tódolos detalles en torno a esta produción.

Como foi a procura de escenarios para elaborar a serie?
Imos pasar por moitas localidades. Tanto o director, Norberto López, como os guionistas Alberto Macías e Juan Ramón Ruíz, o director de fotografía, Toni Ferreras e eu mesma, viñemos facendo o Camiño dende Roncesvalles ata Fisterra, e logo Muxía. Neste camiño botámoslle o ollo a moitas localizacións nas que gravar. Ademais, hai que ter en conta que a serie inclúe tres camiños separados no tempo, polo que pasaremos por moitísimos sitios diferentes, tamén nos países de orixe dos protagonistas.

Cal parece que vai ser a maior dificultade a hora de filmar en emplazamentos do Camiño?
A maior dificultade que temos é que traballamos con tres épocas diferentes. A historia divídese en tres camiños separados no tempo e, inda que o noso obxectivo é gravar todo ao natural, sen utilizar decorados, hai algúns sitios onde teremos que utilizar algo de atrezzo. De tódolos xeitos, hai albergues que prácticamente non se tocaron dende o ano 2000, e iso axúdanos moito á hora de gravar os recursos que se encadran nesa época. O obxectivo é buscar espazos moi modernos e outros máis antigos, para que o contraste sexa o maior posible e o espectador poida identificar facilmente o contexto temporal da escena.

Boa parte do equipo é galego, Como inflúe isto na gravación?
Nos sempre tratamos de aproveitar o talento da terra en todas as nosas producións. Neste caso é moi importante coñecer o Camiño, por iso peregrinamos xunto aos guionistas, que non son de aquí, e o director, que inda que sexa de Ourense, leva moito tempo fóra. Realmente serviulles para empaparse do espírito do Camiño; de feito, os guións beberon moito desta experiencia.

Como ides conseguir que u­nha produción tan local trunfe en países onde se vai emitir, como Corea ou Chile?
Temos un equipo técnico moi especial e un grupo artístico moi variopinto. Contamos cun protagonista alemán, outro francés, un coreano e dous de fala hispana, un español e un mexicano, dos que pronto anunciaremos os nomes. O que queremos é chegar ao maior número de xente. Co coreano cubrimos todo o público asiático. Os coreanos son un tipo de peregrinos que están moi en auxe. Cada vez veñen máis e tamén son unha moi boa aposta, porque é xente culta e cun bo poder adquisitivo. O mexicano é unha aposta da plataforma que quere chegar ao público latino; e o francés e o alemán están porque son dous países dos que chegan moitísimos peregrinos. Todo está organizado para cubrir o maior público posible, de forma que se poida promocionar o Camiño nos máis de 200 países aos que chega Amazon. Ademais, como os protagonistas empezan sendo rapaces e acaban sendo xente xa madura, conseguimos chegar a un target de público moito maior. É unha serie transmedia na que todo está pensado para que a xente veña a Santiago.

Que significa que sexa unha serie transmedia?
Nos traballamos con Fluor Lifestyle, que é unha empresa de Madrid importantísima neste ámbito. Trátase de crear algo que vaia moito máis alá de un produto audiovisual. Non nos quedamos só na gravación da serie, imos ofrecer todo tipo de información, dende onde cambiar a roda dunha bicicleta, ata onde encontrar alguén que fale coreano no Camiño; onde comer, onde durmir... todo co apoio de marcas patrocinadoras, de forma que se poida facilitar a experiencia a quen queira probala. Imos facer unha campaña neste sentido moi bestia.

Cando poderemos disfrutar por fin desta produción?
Agora estamos en pleno traballo de preprodución. Está previsto que empecemos a gravar o día 27 de xaneiro, para acabar o 29 de maio. A serie ten que estrenarse en Amazon en d­ecembro do próximo ano, xusto antes do inicio do Xacobeo. Para a plataforma, este é un dos seus proxectos máis importantes en España.

26 oct 2019 / 21:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito