Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mandan os americanos

    "En el cielo manda Dios, en la tierra los gitanos y en el aceite de oliva, mandan los americanos! Canturrexaba esta copla de pequeno co enfurruñamento da miña avoa Alicia que exclamaba: "Que ben aprendes todo o malo, condenado". Non me volvera lembrar do retrouso até que dei en debullar que é o que realmente ocorre na sanidade galega e deime conta de que "...na sanidade galega mandan os americanos".

    Si, esa é a realidade desde que o presidente Feijóo decidiu pór en mans de poderosas empresas estadounidenses o control do Sergas.

    Hai quen anda moi afoute predicando que a destitución de Rocío Mosquera como conselleira de Sanidade foi froito da presión popular. Até o presidente se apuntou ao balbordo rexeneracionista!

    E non lles falta razón a uns e a outros. Tanta como podo ter eu cando afirmo que a conselleira non era o problema, que o problema é outro. Nin máis nin menos que os xestores da sanidade galega e os do novo hospital de Vigo, en particular, teñen as mans atadas polas privatizacións. Senón que llo pregunten a Mario González, xerente dimisionario do Hospital de Vigo.

    Quixo rescatar servizos privatizados, como Radioterapia, Medicina Nuclear/PET e RM e integralos no novo hospital. Pero non foi quen. Estes servizos están en mans da empresa pública de xestión privada Galaria S.A., controlada por outras empresas participadas por capital americano.

    Diversas fontes consultadas, afirman que o xerente foi tan ninguneado como a conselleira de Sanidade. "Quen manda na sanidade é Feixóo", afirma un ex.

    A propiedade do Novo Hospital de Vigo está en mans de Acciona e Bankia, e todos os hospitais e servizos públicos que xestiona Bankia pasaron a mans da aseguradora sanitaria estadounidense Centene Corporation. Este grupo está vinculado a Microsof, Arthur Andersen e ao partido Republicano dos EEUU.

    Tamén os institutos biomédicos de investigación dos hospitais do Sergas aparecen coxestionados polo xigante farmacéutico JohnsoJohnsong/Janssen.

    O fondo de capital risco, Netaccede, creado por ex altos cargos da Xunta e Caixanova no 2009, recibe ese mesmo ano a xestión das citas previas do Sergas e o control das contratacións públicas, a través da plataforma electrónica Vortal Conneting Bussines.

    Vortal está participada por Michosof, Telefónica e Indra, que actualmente xestionan a teleasistencia, as receitas electrónicas e a historia clínica electrónica.

    Vortal decide que aparellos médicos se mercan e a quen se lle mercan.

    Si, estamos a seguir o modelo da medicina americana. E todo o mundo sabe que alá, se non tes diñeiro, morres á piola.

    Xornalista

    09 oct 2015 / 20:58
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito