Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Manolo Couto actuará o 11 de maio en Santa Comba co seu novo disco

Vai estar tamén en Santiago, Sober e Vilalba presentando 'Galegoandaluz'

Santa Comba. O cantante e compositor de Arteixo Manolo Couto acaba de lanzar o seu último disco, Galegoandaluz, un traballo no que recolle un total de 16 cancións en galego e castelán. O autor explica que parte delas son "composicións propias con arranxos de Felix Cebreiro".

Na actualidade está dándoo a coñecer en distintos puntos da xeografía galega. Acompáñao o locutor e xornalista Luis Rial, quen se encarga de presentalo en directo. Os próximos concertos serán o 27 de abril no centro cultural Nave de Vidán ás 20.00 horas, en Santiago; e, en maio, o 4 no auditorio de Sober, o 11 en Santa Comba, ás 14.00 horas no asador restaurante A Fortaleza, e o 19 en Vilalba, ás oito da tarde.

Leva máis de corenta anos no mundo da música. Comezou cando tiña vintedous, con formacións da provincia da Coruña como Treboada, Orquesta Mallo, Orquesta X, Los Titanes de Ferrol, Los Madrigales de A Coruña e Manolo Couto y su orquesta.

Posteriormente, comezou a súa etapa en solitario, cantando en moitos cafés-concerto e gravando discos con cancións propias. Actualmente colabora no dial 99.6 e 89,9 FM no programa 'Estamos Contigo'.

16 abr 2019 / 21:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito