Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Manuel Portas é o novo gañador do García Barros de novela de A Estrada polasúa obra ‘Lourenço Xograr’

    A Estrada. O certame literario de novela de A Estrada, o Manuel García Barros, xa ten un novo nome que engadir á longa lista de premiados. Onte, o xurado da vixésimo séptima edición do concurso reuníase no Concello coa finalidade de escoller a novela gañadora desta edición. Tras máis de hora e media, e lidos os orixinais presentados a concurso, os membros do xurado acordaron por maioría conceder o galardón literario á obra presentada baixo o lema de Lourenço Xograr, e cuxo título é o mesmo, de Manuel Portas Fernández.

    En opinión do xurado do Manuel García Barros, a obra gañadora destacou pola súa contribución á divulgación da historia e da literatura medieval galegas, "por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço", recolle a acta do xurado, apuntando que é este personaxe "constitúe a porta pola que nos amosamos non só aos conflictos políticos que determinaron o que hoxe somos como país, senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época", subliña a acta do xurado.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    22 jul 2015 / 20:35
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito