Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 28 mayo 2020
03:30
h
MapaTIC.gal

O MapaTIC de Galicia, con máis de 300 provedores

Consolídase como escaparate da oferta TIC na internet da comunidade galega

    Santiago. O Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, o MapaTIC.gal, integrado na páxina web do Centro Demostrador TIC (http://cdtic.xunta.es), remata o 2014 con máis de 300 provedores, 700 solucións TIC galegas e 480 empresas non TIC como casos de éxito de implantación de solucións tecnolóxicas. Este ano convértese así no que máis incorporacións rexistrou esta ferramenta online, 10 puntos por riba da media de altas rexistradas en anos anteriores.

    O MapaTIC.gal da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), é un directorio en liña onde as empresas demandantes poden localizar facilmente provedores, produtos e servizos tecnolóxicos galegos. Proporciona un escenario ideal para crear oportunidades de negocio TIC local e permite fomentar a cooperación intersectorial de cara a mellorar a competitividade.

    As empresas demandantes de tecnoloxía á procura de aliados tecnolóxicos no seu proceso de transformación dixital poden atopar unha completa e variada oferta tecnolóxica. ERPs, CMRs, servizos de consultaría e estratexia de marketing dixital, desenvolvemento de aplicacións móbiles (apps), servizos de formación tecnolóxica son só unha mostra da tipoloxía de solucións TIC que é posible atopar neste MapaTIC.gal.

    02 ene 2015 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito