Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

En marcha a 41ª edición da Carreira Pedestre

A proba foi presentada esta mañá na sede do Grupo Correo Gallego, coa presenza de políticos, patrocinadores e representantes do mundo do atletismo // Celébrase o día 28 deste mes e as inscricións abren mañá

Xa está todo preparado para que o domingo 28, o último deste mes de outubro, chegue de novo a gran cita deportiva organizada polo Grupo Correo Gallego e que vai pola súa edición 41. Trátase da Carreira Pedestre Popular, incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, e que volverá reunir nunha gran xornada a nenos e maiores, a amateurs e profesionais. Así se destacou esta mañá na presentación da proba, que contou coapresenza de representantes da coporación municipal compostelá, do mundo do deporte e dalgunhas das empresas patrocinadoras.

O prazo de inscricións abrirase mañá, sábado día 6, vía online na web http://carrera.elcorreogallego.es, e a partir do martes tamén poderán apuntarse na pranta de deportes de El Corte Inglés.

Como novidade o chip nesta ocasión non irá nas zapatillas senón na parte traseira do dorsal. Na carreira colaboran máis de 500 voluntarios entre Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella, 061, Policía Nacional, scouts e alumnos do Bacharelato Internacional do Instituto Rosalía.

05 oct 2018 / 14:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito