Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 02 junio 2020
15:11
h

En marcha a rehabilitación enerxética do CEIP Palmeira

A Xunta solicitou ó Concello de Ribeira licenza de obra para emprender a actuación // Investiranse máis de 600.000 €

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de presentar ante o Concello de Ribeira solicitude de licenza de obra para poder emprender unha actuación consistente na rehabilitación enerxética do colexio de Palmeira.

Esta obra rexistra un investimento de 634.507 euros e abrangue intervencións na fachada, patio cuberto, carpintería exterior e sistema de iluminación, ademais do pintado dos paramentos interiores e tamén dos exteriores.

En base ao proxecto técnico elaborado, nas distintas fachadas do edificio instalaranse illamentos exteriores continuos tipo SATE. Tamén se realizarán varios cambios no patio cuberto, que é o lugar onde o alumnado procedente do transporte escolar efectúa o seu ingreso ao centro. Entre eles, abrirase unha nova porta na fachada suroeste e pecharase o resto do recinto mediante a mesma tipoloxía construtiva.

Así mesmo, substituiranse as fiestras e portas exteriores por outras que reúnan mellores condicións de estanquidade e illamento e reporanse os falsos teitos que se atopan en mal estado. E, tocante á iluminación, todas a instalación do edificio será suplantada por outra de baixo consumo tipo LED.

Por último, o proxecto contempla o pintado dos paramentos interiores e exteriores do centro, así como portas, caixas de persianas, barandillas, radiadores e mesmo tuberías.

15 nov 2019 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito